Info | Básico

A única compañía de autobuses que opera nas Pontes é Arriva.
O recinto está ubicado a altura da rotonda que une a Rúa Blanco Amor, Rúa Casilla e a AC-101.
Coordenadas GPS: 43°27'17.2"N 7°52'05.4"W
As estacións de tren máis achegadas ao recinto son as de Pontedeume e Ferrol.
Acampada do Troulas
O festival habilita unha zona de acampada de balde para todo aquel que a reserve
Outras opcións
A vilas das Pontes conta con varios establecementos de hospedaxe:
Comellada Popular
O sábado ao mediodía relazarase a Comellada Popular do Troulas na que por un módico prezo poderas xantar nun ambiente perfecto.
Comellada Popular | Entrada + Comellada Popular | Entrada + Comellada Popular + Acampada
Outras opcións
As Pontes dispón dunha gastronomía exquisita á que poderás acceder tanto no recinto do festival como por toda a vila.
Aparcamento para persoas con discapacidade
Habilitamos unha zona de aparcamento preto do festival para que non teñas que desprazarte moito.
Asistencia sanitaria 24h
Se por algún motivo te sintes mal, sempre haberá un equipo de persoal sanitario preparado para atenderte, tanto na acampada como na zona de actividades. En ambos los puntos teremos unha ambulancia de forma permamente.
Duchas e baños
Na zona da acampada dispos de 40 duchas abertas, 10 innodoros e 10 lavamans. Tamén hai instalacións adaptadas para persoas con discapacidade.
Fila rápida para persoas con movilidade reducida
A taquilla do festival contra cunha ventá especialmente dedicada a persoas con discapacidade ou con movilidade reducida
Punto de información
Nestes puntos atoparás toda a informacións sobre o festival e os arredores.
Obxectos perdidos
No caso de que perdas unha cousa durante o festival ou atopes algo que é doutra persoa, podes dirixirte a seguridade; alí gardarán todo o que se atope.
Plataforma para persoas con discapacidade
Unha plataforma á que se accede mediante unha rampa situada diante do escenario permiten ás persoas en silla de rodas disfrutar cómodamente dos concertos.
Recarga de dispositivos portátiles
Recarga o teu móbil e outros dispositivos nas casetas habilitadas na zona de acampada.
Ruta Senda da Memoria
Respira, vive e desfruta As Pontes, o escenario do Troulas Rock, a través dunha sinxela ruta para descubrir os fantásticos tesouros naturais e culturais da Senda da Memoria.
Mercado
Durante o festival podes irte de compras polo Mercado do Troulas onde estarán dispoñíbeis varios stands con moitos produtos variados